Neste tramo, o Camiño intérnase de novo entre sobreiras, carballos e piñeiros que nos acompañarán ao longo do traxecto, a natureza sorprenderanos, pequenas aldeas, como San Bieito (San Benito) onde podemos ver o "humilladoiro" de Meréns, seguindo o Miño chegaremos a Arnoia e finalmente a Ribadaviaantiga capital do Reino de Galicia.
Tramo 1: Arnoia - Reigoso
Lonxitude: 4,40 Km.
Dificultade: Alta
Duración estimada: 0 h. 57 min.
Desde a capela de San Amaro (Arnoia) parte unha bifurcación que se dirixe a Castrelo de Miño por un camiño de ferradura (en tramos, xa que na parte media está alterado por traballos de acondicionamento) ata chegar á aldea de Reigoso (concello de Castrelo de Miño), onde atoparemos unha estación de petróglifos (arte rupestre) gravados nas rocas.
Tramo 2: Reigoso - Castrelo de Miño
Lonxitude: 2,80 Km.
Dificultade: Baixa
Duración estimada: 0 h. 36 min.
Desde a aldea de Reigoso comézase a descender por pista asfaltada ata chegar a unha pista de terra e cun ancho medio duns 4 metros, á esquerda, que os aldeáns de Padreiro denominan Camiño Real, polo que se vai descendendo ata chegar ao devandito lugar no que atopamos un cruceiro e a igrexa parroquial de Santa María de Castrelo, de orixe románica e que se asenta sobre un castro.
Tramo 3: Castrelo de Miño - Ribadavia
Lonxitude: 5 Km.
Dificultade: Baixa
Duración estimada: 1 h. 5 min.
Seguindo por pista asfaltada pasamos á beira dunhas termas para cruzar pola actual ponte de Castrelo (o orixinal sería do século XII) para xa penetrarnos en terras de Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro, vila histórica, antiga capital de Reino de Galicia.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.